Batman Arkham Origins estrea un episodio descargable xélido

martes, 22 de abril do 2014 Marcus Fernández

Para facer menos longa a espera por Batman Arkham Knight, dende hoxe os compradores de Batman Arkham Origins poden ampliar a experiencia do anterior xogo da franquía cun novo capítulo descargable titulado Corazón Gélido, que está xa dispoñible por 9,99 euros para Windows, Xbox 360 e PlayStation 3, sendo tamén posible a súa descarga a través do pase de tempada deste xogo de Warner Bros. Interactive.
Esta historia devólvenos a Gotham para a celebración do Aninovo, cando o Mr. Freeze secuestra ao director executivo de GothCorp, o que levará a Batman a intervir, coñecendo no comiño a tráxica historia deste novo inimigo que é un dos que acadou un maior recoñecemento do público tras a súa aparición en Batman Arkham City, converténdose no inimigo máis completo de toda esta serie de xogos, de aí que non resultase moi sorprendente que decidisen retomalo nesta aventura previa.
Este novo capítulo descargable ofrece horas de acción e numerosos contidos, que van dende batarangs termoexplosivos ata un novo traxe apto para as baixas temperaturas que provocan os ataques do novo rival do cabaleiro escuro.

Batman empregará un traxe especial neste novo episodio das súas aventuras


Trailer de lanzamento de Batman Arkham Origins: Corazón Gélido

PUBLICIDADE