Battlefield 4 déixase ver nun vÃdeo de 17 minutos
mércores, 27 de marzo do 2013
Na últimas horas DICE xuntou en Estocolmo e San Francisco a centos
de xornalistas e membros do mundo dos videoxogos para amosarlles un vÃdeo de 17
minutos no que demostraron o que dará de si Battlefiled
4, xogo que a compañÃa lanzará o vindeiro
outono, e que desta volta promete reforzar a súa campaña para un
xogador, incorporando á mesma moitos dos elementos que fan que os modos
multixogador dos anteriores Battlefield
fosen memorables: grandes contornos, escenarios destrutibles, acceso a un
grande arsenal de vehÃculos e a habilidade de dirixir aos compañeiros de
escuadrón.
O xogo empregará o motor Frostbite 3, conseguindo uns gráficos moi detallados
coa vista posta na vindeira xeración de consolas, pois Battlefield 4 chegará tanto para as plataformas actuais (PS3, Xbox
360 e PC) como para as que cheguen a finais de ano (PS4 e, posiblemente, a nova
consola de Microsoft).
Os xogadores Premium de Battlefield 3,
os usuarios rexistrados nas edicións de luxo de Medal of Honor: Warfighter e os que reserven a edición de luxo do
xogo en Origin poderán acceder a unha beta de Battlefield 4 que chegará nos vindeiros meses.
VÃdeo de 17 minutos do que será a versión para PC de Battlefield 4