Battlefield 4 inicia a súa beta aberta
venres, 4 de outubro do 2013
Como anticipo do lanzamento de Battlefield 4
Electonic Arts iniciou hoxe a beta aberta do
xogo para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, que permitirá probar os modos
Conquista e Dominación no mapa Asedio de Shanghai, o que facilitará á xente de
DICE a realización dos últimos axustes deste xogo que verá a luz en breve,
aspirando a converterse nun dos grandes tÃtulos da campaña de Nadal, co reto de
ter que conseguir arrebatarlle público á franquÃa de Call of Duty.
A beta pública de Battlefield 4 está
dispoñible a través do cliente de Origin para a súa versión para
ordenadores persoais; os usuarios de PlayStation 3 poden descargar
esta versión de proba do xogo a través da PlayStation Store; e no caso da
Xbox 360 o xogo só estará dispoñible
para a súa descarga para usuarios Gold de Xbox LIVE.
Con esta beta
pretenden probar os servidores e back-end
do xogo, asà como configurar os compoñentes multixogador do xogo, e no caso de
querer probar o tÃtulo nun PC recoméndase que estea equipado cunha versión de
Windows de 64 bits, que teña un procesador de 4 núcleos, 8 Gb de RAM, gráfica
nVIDIA GeForce GTX 660 ou AMD Radeon HD 7870, 3 Gb de RAM e 1,6 Gb de disco
duro libre.
Cómpre destacar que as versións de consola do xogo contarán coa posibilidade de
actualizarse a versións dos xogo para consolas de nova xeración por 9,99 euros
grazas a un programa provisional que pretende que os usuarios non retrasen a
compra das novidades ante a posibilidade de que vaian comprar en breve a
PlayStation 4 ou a Xbox One.