Battlefield Hardline abre a súa beta pública

mércores, 4 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Sony anunciou hoxe que xa está aberta a beta pública do xogo Battlefield Hardline nas súas versións para PlayStation 4 e PlayStation 3, de xeito que os subscritores de PlayStation Plus xa poden gozar desta versión de proba de balde que manterase accesible até o 8 de febreiro e contará con 3 mapas e os modos Ponte, Conquista e Hacker (este último permitirá aos xogadores tomar o control de cámaras de seguridade, detectar inimigos e especificar áreas para que o equipo ataque ou defenda).
Con este xogo Electronic Arts quere levar a experiencia bélica da franquía Battlefield a contornos urbanos, nos que delincuentes e policías participarán en enfrontamentos trepidantes que desencadearanse completamente o vindeiro 19 de marzo. A beta aberta de Battlefiled Hardline tamén está dispoñible para Xbox 360 e Xbox One en Xbox LIVE e para PC a través de Origin.


Trailer da beta aberta de Battlefield Hardline

PUBLICIDADE