Battlefield Hardline adÃa o seu lanzamento até 2015
martes, 22 de xullo do 2014
No mes de xuño numerosos usuarios de todo o mundo puideron probar
a versión de proba do xogo Battlefield
Hardline para PlayStation 4 e PC, agardando que este tÃtulo chegase ás
tendas o 21 de outubro, pero finalmente non será asÃ, e dende Electronic Arts
anuncian que o xogo non verá a luz até primeiros de 2015, o que pretenden
amosar como unha boa nova, xa que aseguran que aproveitarán o tempo de
desenvolvemento adicional para que o persoal de Visceral Games poida aproveitar
o feedback recibido polos usuarios
durante a beta.
Battlefield Hardline
poderá asà contar con innovacións nos seus modos multi-xogador (atendendo ás
suxestións dos usuarios), unha historia no seu modo campaña máis profunda e un
desempeño máis estable (evitando os problemas que Battlefield 4 tivo no seu lanzamento).
Pero resulta difÃcil entender que estamos ante un adiamento xustificado por
melloras a incorporar no xogo, pois resulta bastante máis doado crer que se
trata máis dun reaxuste do calendario de lanzamentos de xogos ante a avalancha
de tÃtulos que chegarán no mes de outubro, que vai ser un dos meses máis fortes
do ano como anticipo do que pretende ser a primeira campaña de Nadal realmente
forte para as consolas de nova xeración (que buscan consolidarse como
plataformas maioritarias en 2015).