Battlefield estrea un Battle Royale de balde
martes, 28 de outubro do 2025
Electronic Arts e DICE veñen de lanzar Battlefield: Redsec, o primeiro xogo Battle Royale de balde da saga, que chega hoxe mesmo a todas as plataformas (PS5, Xbox Series X|S e PC). A nova proposta amplÃa o universo Battlefield con dúas experiencias principais: o modo Battle Royale tradicional e Gauntlet, un modo eliminatorio por quendas que recupera o espÃrito competitivo do multixogador clásico da serie. Ademais, incorpora contidos creados pola comunidade a través do portal de Redsec, un espazo aberto e en constante evolución desenvolvido por xogadores.
A experiencia comeza coa lista de reprodución Iniciación a Battle Royale, pensada como un punto de entrada para novos xogadores. Neste modo, denominado BR Duos, dous participantes deberán eliminar inimigos, recoller información clave e evitar o chamado anel quÃmico nun mapa de menor tamaño centrado no Forte Lyndon. O modo limÃtase a 48 xogadores, incluÃdos bots, e serve como campo de aprendizaxe de baixo risco antes de acceder ás partidas completas.
En cada partida, os xogadores poden escoller entre catro clases: Asalto, ideal para o combate directo; EnxeñarÃa, especializada en vehÃculos e reparacións; Apoio, centrada en curar e reabastecer ao equipo; e Recoñecemento, enfocada na intelixencia e o ataque a longa distancia. Tras seleccionar a clase, o equipo lánzase en paracaÃdas sobre o mapa e comeza a loita por sobrevivir, explorando o terreo en busca de armas, munición e armaduras distribuÃdas en caixas de subministración.
Os contratos, misións secundarias que poden aceptarse desde o mapa, recompensan cos mellores obxectos aos xogadores que logren completalos. Pero o principal desafÃo segue sendo o CÃrculo da morte, unha zona letal que elimina instantaneamente a quen a pise. AÃnda asÃ, durante os primeiros minutos das partidas, todos contan cunha segunda oportunidade para reaparecer desde o ceo, o que permite manter a acción intensa e continua.
O obxectivo final é claro: ser o último equipo en pé. Para iso, recoméndase coñecer ben as zonas de inicio, dominar as habilidades da propia clase, manter a comunicación co compañeiro e revivir aos aliados cando sexa seguro.
Xunto ao Battle Royale, Redsec incorpora Gauntlet, un modo multixogador por quendas no que oito equipos de catro xogadores compiten en operacións especiais de alta intensidade. Cada quenda propón obxectivos concretos e dinámicas que poñen a proba a coordinación e a estratexia de cada escuadrón. O primeiro equipo que gañe catro modos dentro dunha mesma partida será o vencedor.
Tráiler de Redsec
