Battletoads está de volta

xoves, 20 de agosto do 2020 Marcus Fernández

26 anos despois de que o clásico xogo de loita Battletoads chegase a salóns recreativos, Dlala Studios en colaboración con Rare recuperan a franquía cun xogo homónimo que chega hoxe mesmo a Xbox Game Pass, Xbox One e PC (Windows 10 e Steam), de xeito que pode adquirirse por 19,99 euros ou gozarse do mesmo mediante unha subscrición a Game Pass.
Este xogo de para até 3 xogadores permite controlar a Zitz, Rash e Pimple, as Battletoads, que protagonizaran todo un brawler clásico (incluído na recompilación Rare Replay), e que agora recuperan ese tipo de xogo cun estilo gráfico debuxado a man e cunha historia narrada a través de cinemáticas totalmente animadas e dobraxe profesional, ou sexa, que estamos ante unha produción de peso que ofrece doses de acción e humor a partes iguais.
Estamos ante un xogo de loita tipo beat’em up que agradecerán os amantes do xénero que tan popular foi en máquinas recreativas a finais dos 80 e comezos dos 90, así como todos aqueles que gozan de xogos moi tolos e absurdos, así como os que buscan simplemente un xogo co que xogar cos amigos en modo cooperativo, para o que este tipo de título resulta ideal.

Tráiler de lanzamento de Battletoads no que podemos ver a Larry Hryb entrevistando ás criaturas protagonistas do xogo

PUBLICIDADE