Bayonetta 3 será un xogo exclusivo de Nintendo Switch
luns, 11 de decembro do 2017
Nos últimos dÃas celebrouse a entrega dos The Game Awards,
galardóns do mundo do videoxogo que salientaron como tÃtulo do ano a The Legend of Zelda: Breath of the Wild
e como mellor xogo para consola portátil ao español Metroid: Samus Returns, aproveitando Nintendo a ocasión para realizar
un grande anuncio: PlatinumGames
está a traballar en Bayonetta 3, xogo
que será exclusivo para Nintendo Switch.
Nintendo xa fixera algo semellante con Bayonetta
2, xogo que era exclusivo de Wii U, o que fixo que moita xente non puidera
gozar deste tÃtulo, o que parece que queren arranxar agora, de xeito que o 16
de febreiro porase á venda en Europa Bayonetta
2 para Nintendo Switch,
incluÃndo un código de descarga do Bayonetta orixinal, facilitando asà a revisión
destes dous grandes hack and slash e
preparando o terreo para a súa terceira entrega.
Bayonetta 2 venderase nunha edición sinxela,
pero tamén estará dispoñible nunha edición especial que incluirá unha caixa
metálica, 22 cartas de versÃculo e 3 láminas de adhesivos.
- Bayonetta 2 terá unha edición especial para Nintendo Switch
Tráiler das versións para Nintendo Switch dos dous primeiros xogos de Bayonetta