Bayonetta fíltrase á Rede 4 semanas antes do seu lanzamento
luns, 14 de decembro do 2009
- Bayonetta xa está dispoñible en tendas alemanas
O 8 de xaneiro é a data fixada en Europa para o lanzamento do agardado xogo
Bayonetta, que tanto éxito está a ter
no Xapón, pero curiosamente Alemaña e
Francia adiántanse na comercialización do xogo, de xeito que o van colocar
nas tendas os vindeiros días 17 e 23, o que tivo coma consecuencia que xa
aparecesen copias do xogo en Alemaña, que rapidamente foron
copiadas á Internet, de xeito que dende o pasado sábado é posible descargar
de balde a versión de Xbox 360 deste título de SEGA e Platinum Games.
Esta filtración podería provocar serios efectos nos resultados económicos deste
xogos, posto que os xogadores máis impacientes non quererán agardar á súa
chegada ás tendas físicas, aínda que hai que lembrar que a utilización de
copias de xogos antes do seu lanzamento oficial practicamente asegura o baneo das consolas de Xbox LIVE, o que
impide o futuro xogo en liña, a descarga de demostracións e o acceso ao Bazar
para a adquisición de descargas de pagamento.