Beat Saber incorpora ao seu catálogo 10 temas de Daft Punk

xoves, 7 de marzo do 2024 Marcus Fernández

O xogo de ritmo Beat Saber por fin reciben un dos seus lotes de cancións máis agardados e acaídos á súa estética, con 10 dos maiores éxitos de Daft Punk, que poden adquirirse tanto para o de visores Meta Quest como para PlayStation VR2 a un prezo de 12,99 euros o lote (ou 1,99 euros cada tema por separado), sendo tamén posible adquirir o lote musical xunto co xogo Beat Saber por 39,99 euros.
Concretamente os temas musicais da banda formada en París en 1993 que se incorporan á oferta musical de Beat Saber son os seguintes:
– Around The World
– Around The World / Harder Better Faster Stronger (Live 2007)
– Da Funk / Daftendirekt (Live 2007)
– Get Lucky (feat. Pharrell Williams y Nile Rodgers)
– Harder, Better, Faster, Stronger
– Lose Yourself to Dance (feat. Pharrell Williams)
– One More Time
– Technologic
– The Prime Time of Your Life (Live 2007)
– Veridis Quo
Esta relación de temas sorprende polo feito de que varias das cancións proveñen do concerto Alive 2007 do dúo de música electrónica a quen moitos recoñecen polos seus característicos cascos, que permiten ocultar a súa cara, permitíndolles centrarse máis na súa música.
As cancións deste lote musical xogaranse nun contorno personalizado, cunha paleta de cores inspirada no escenario da banda nos seus concertos.

Tráiler de lanzamento do lote musical de Daft Punk

PUBLICIDADE