Belkin anuncia unha funda con teclado para o iPad mini

venres, 16 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Pensando na produtividade móbil no iPad mini, dende Belkin anuncian que van pór á venda en breve por 79,99 dólares (62,79 euros) unha nova funda de protección que incorpora un teclado extraíble, seguindo así a liña dun produto semellante que teñen dispoñible para o iPad de 9,7 polgadas e que goza de grande aceptación entre usuarios que non queren cargar cun dispositivo electrónico tan pesado como un portátil pero queren ser quen de poder redactar un documento de texto ou un correo electrónico dun xeito áxil e cómodo.
O teclado integrado na nova funda de Belkin tería un formato semellante ao dun ordenador portátil, comunicaríase co tablet a través de Bluetooth e contaría cunha batería recargable por USB cunha autonomía dunhas 155 horas.

PUBLICIDADE