Belkin pon á venda unha baterÃa externa para o Apple Watch
luns, 13 de maio do 2019
As baterÃas externas gañaron moita popularidade nos últimos
anos para ampliar a autonomÃa dos nosos dispositivos móbiles, e nesta liña
Belkin xa leva bastante tempo vendendo a Valet Charger que pode
empregar os seus 6.700 mAh de capacidade para cargar tanto o iPhone como o
Apple Watch, xa que inclúe unha pequena sección para pousar o reloxo de Apple e
cargalo mediante indución. Pero este trebello que véndese
a 99,99 euros é bastante voluminoso e pesado (299 gramos), de aà que agora
engadan ao seu catálogo a Boost
Charge Power Bank 2K para o Apple Watch, máis compacta e lixeira (pesa 70
gramos).
Esta baterÃa externa está xa á venda nos EE.UU. por 59,99 euros e está
orientada especificamente para o Apple Watch de xeito que poderÃa achegar até 63
horas de baterÃa adicional ao reloxo de Apple, buscando asà ser un complemento
ideal par as viaxes. Este produto conta con certificación MFi (Made for Apple Watch) e inclúe un cable
micro-USB para a súa carga. É compatible cos reloxos de Apple a partires do
Apple Watch series 1.
- A nova baterÃa externa de Belkin para o Apple Watch é bastante cómoda de transportar grazas ao seu tamaño compacto