Big Data e exploración mariña, os eixos do obradoiro que hoxe organizan a Cátedra Jorge Juan e a UDC

xoves, 16 de febreiro do 2017 Redacción

A Cátedra Jorge Juan, xurdida en 1993 froito do convenio de cooperación entre o Ministerio de Defensa e a Universidade da Coruña, organiza hoxe na Exponav de Ferrol, xunto coa UDC, un obradoiro de Big Data e exploración submariña. Esta actividade está estruturada en dúas sesións: unha pola mañá, encamiñada ao alumnado da Armada Española e da UDC e outra sesión de tarde, aberta a todo o público. que ten carácter cultural e salienta polas actividades relacionadas co eidos das humanidades, da navegación e da construción naval, do dereito, da economía, da enxeñaría e da arquitectura.
En canto aos relatores, dicir que pertencen á Universidade da Coruña, á Universitat de Girona, ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), á industria (empresas de vehículos submariños nacionais e europeos), ao Ministerio de Cultura (Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática) e ao Instituto Hidrográfico da Mariña.
A conferencia que pechará o obradoiro será impartida ás 19:30 horas por Sergio Álvarez Leiva, experto en información inxente e Premio Fundación Princesa de Girona 2016. Sergio Álvarez recibiu distincións de dous referentes mundiais na innovación tecnolóxica e a creatividade empresarial: a revista do Instituto Tecnolóxico de Masachussets, MIT, que cada ano selecciona aos mozos con maior talento e influencia mundial, elixiu a Álvarez en 2014 polas súas ferramentas de visualización de datos, e o World Economic Forum de Davos, que o incluíu na súa rede mundial de xente nova con máis proxección.
Para máis información sobre esta xornada cómpre acceder ao espazo habilitado.

PUBLICIDADE