Bionic Commando: Rearmed supera as 100.000 descargas
luns, 25 de agosto do 2008
- Detalle da nova aparencia gráfica de Bionic Commando: Rearmed
En 1987 aparecÃa nos salóns recreativos
o xogo de plataformas Bionic Commando
que destacaba por non incorporar o botón de salto, senón que o seu protagonista
tiña que facer uso dun brazo biónico alongable para desprazarse verticalmente
(e mesmo para balancearse) acadando un éxito considerable que levou ao tÃtulo a
adaptarse a múltiples plataformas (entre as que estaban os clásicos ordenadores
de 8 bits coma o Spectrum ou o Commodore 64). Agora, á espera de que saia un novo e espectacular xogo
para as consolas de alta definición inspirado no clásico tÃtulo de Capcom
chegou un remake do videoxogo
orixinal, que se pode adquirir coma descarga, e que responde ao nome de Bionic
Commando: Rearmed.
Estariamos só ante un dos moitos lanzamentos que saen na PLAYSTATION Network ou no
Bazar de Xbox LIVE se non fose porque en
unha semana foi
descargado por 130.000 usuarios, o que supón unhas vendas
considerables para un xogo que só se vende coma descarga.
A boa saúde deste xogo poderÃa ser un adianto do éxito que poderÃa ter o
novo xogo desta franquicia, que presenta uns gráficos
tridimensionais, unha vista en terceira persoa e que nesta ocasión contará cun
protagonista capaz de saltar, aÃnda que conservando o seu brazo biónico para
balancearse para chegar aos lugares máis inaccesibles.
Trailer da versión renovada de Bionic Commando para a súa venda coma descarga