Black Myth Wukong é o Xogo do Ano 2024 en Steam
xoves, 2 de xaneiro do 2025
Nos últimos dÃas a tenda dixital de xogos Steam realizou unha votación entre os seus usuarios para escoller os mellores xogos do ano, arrasando nestes Premios Steam 2024 o tÃtulo chinés Black Myth Wukong ao conquistar os galardóns de Xogo do Ano, Mellor Xogo DifÃcil e Xogo Excepcional con Boa Trama.
Ante este éxito o director de Game Science, Feng Ji, realizou unha publicación en Weibo agradecendo aos xogadores que apoiaron o seu traballo, aproveitando a ocasión para comentar que continúan a traballar para levar o xogo a Xbox, laiándose de que lles estea a resultar moi complicado polas limitacións impostas pola plataforma. Os xogos de Xbox Series X|S teñen que ser capaces de funcionar na consola máis básica, que conta con 10 GB de memoria compartida, provocándolle grandes dificultades xa que carecen de anos de experiencia en optimización (o que tamén se percibe na versión para PlayStation 5, que presenta algúns problemas de rendemento).
Cómpre salientar que as desculpas polo adiamento de Black Myth Wukong para consolas Xbox poderÃan non ser totalmente sinceras, pois dende Microsoft insinúan que a auténtica causa é unha cláusula de exclusividade temporal en consolas con PlayStation 5.
Espérase que o xogo reciban unha grande expansión de pagamento no futuro, cando serÃa bastante probable que se producise o lanzamento para as consolas de Microsoft, ampliando asà as posibilidades de negocio.