BlackBerry amosa o seu novo smartphone
luns, 9 de outubro do 2017
Tras a filtración
dunha imaxe do futuro BlackBerry Motion, o novo teléfono de TCL coa marca
BlackBerry ve por
fin a luz no marco da GITEX Technology Week, grande feira tecnolóxica para
África e Oriente Próximo, de xeito que confírmanse os detalles que tiñan
transcendido deste dispostiivo que prescinde de teclado físico e aposta por
resistencia ao po e á auga (IP67), pantalla Full HD de 5,5 polgadas, 4 GB de
RAM, dobre SIM e batería de 4.000 mAh con Quick Charge 3.0, que venderase
a uns 1.699 dirhams (395 euros), deixando claro que non queren entrar a
competir cos grandes teléfonos de alta gama.
Este novo smartphone funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 625, estará
equipado con cámaras de 12 e 8 Mpíxeles, contará con lector de pegadas dixitais
e a súa única opción de almacenamento interno será de 32 GB. A medidos de mes
iniciará a súa comercialización en Oriente Próximo, descoñecéndose cando
chegará ao noso mercado (lembremos que o BlackBerry KEYone aínda ten unha
distribución moi limitada).