BlackBerry estuda a súa venda
luns, 12 de agosto do 2013
A comezos do verán a falta de confianza do mercado en
BlackBerry confirmouse
cun valor das súas participacións nos mercados bolsistas extraordinariamente
baixo, chegando a caer por debaixo dos 10 dólares no NASDAQ (cando en 2007
chegaran a cotizar a 230,52 dólares) e en Toronto, situación que nos últimos
dÃas provocou o rumor de que a compañÃa poderÃa estar a pensar en abandonar os
mercados públicos, e que hoxe confirmouse parcialmente a través dun comunicado
de BlackBerry no que aseguran que a
súa directiva estableceu unha comisión especial para explorar estratexias
alternativas para o futuro da empresa.
O novo equipo de traballo analizará a posibilidade de fusionarse con outras
compañÃas, chegar a alianzas estratéxicas, vender a compañÃa ou realizar outras
medidas que poidan contribuÃr a mellorar o valor da empresa e acelerar a
adopción e BlackBerry 10, novo sistema operativo da compañÃa antes coñecida
como RIM, que non está a ser capaz de recuperar a posición no mercado que tiña
antes, quedando relegada como unha cuarta plataforma móbil, por detrás de
Windows Phone 8.
A posibilidade de que BlackBerry sexa vendida a outra compañÃa e os rumores
xurdidos a semana pasada están a provocar unha lixeira mellora das súas cotizacións
bolsistas, pero non parece que vaiamos a ver operacións importantes nos
vindeiros dÃas, pois agora será cando a compañÃa canadense comece a negociar
con outras compañÃas para intentar garantir a súa supervivencia nun sector moi
competitivo.
- Cotización bolsista de BlackBerry nos últimos anos