BlackBerry presenta un smartphone con pantalla de 5 polgadas
mércores, 18 de setembro do 2013
BlackBerry anuncia hoxe o seu novo smartphone BlackBerry
Z30, que leva o sistema operativo BlackBerry 10 (na súa versión 10.2) a un
formato inédito para a compañÃa canadense, pois este novo terminal ten unha
pantalla de 5 polgadas, dimensións que tamén lle permiten integrar unha grande
baterÃa.
O BlackBerry Z30 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz
con gráfica de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla
Super AMOLED de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles,
altofalantes estéreo, nova tecnoloxÃa de antena para unha mellor comunicación
en zonas con pouca cobertura, baterÃa de 2.880 mAh (para permitir que o móbil
poida funcionar durante unha xornada completa) e con numerosas novidades
achegadas a través da nova versión do seu software (por exemplo, as mensaxes
recibidas a través de BlackBerry Messenger poderán amosarse en vista previa e
responderse sen ter que deixar a aplicación que tivésemos aberta).
A semana que vén comezar a comercializarse en Reino Unido e Oriente Próximo,
mentres que o lanzamento no resto de mercados será progresivo dende hoxe ata o
Nadal.
VÃdeo de presentación do BlackBerry Z30