BlackBerry subministrará a súa tecnoloxía a un fabricante suízo

mércores, 7 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Actualmente no mercado hai varios modelos de smartphones que locen a marca BlackBerry aínda que non están fabricados por tal compañía, senón por unha empresa chinesa que se fixo coa marca para a comercialización de teléfonos, tendo estes terminais como principais atractivos software baseado dos servizos de BlackBerry e, nalgúns casos, teclados QWERTY. Pero o que se refire ao software non vai ser algo exclusivo, de xeito que veñen de anunciar un acordo coa suíza Punkt Tronics AG para ofrecer dispositivos centrados na seguridade grazas ao uso do software propietario de BlackBerry, e que comercializaranse baixo o selo de BlackBerry Secure.
Este acordo de licenzas da tecnoloxía de BlackBerry facilitará a venda de produtos de electrónica de consumo que teñan a seguridade e a privacidade como puntos fortes, e aínda que polo momento descoñécese os dispositivos que Punkt equipará coa tecnoloxía de BlackBerry (que non parece que vaia limitarse a teléfonos), dá a impresión de que a compañía busca diversificar e chegar ao meirande número de dispositivos posibles para poder sobrevivir dignamente sen fabricar o seu propio hardware.

PUBLICIDADE