BlazBlue chegará a Europa o 19 de marzo cunha edición especial

xoves, 18 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados a grandes sagas de xogos de loita en 2D coma Guilty Gear estarán impacientes ao saber que o xogo que toma o relevo de tal saga, BlazBlue: Calamity Trigger, finalmente chegará ao mercado europeo o 19 de marzo, e non só chegará no seu formato ordinario, senón que tamén contará cunha edición especial que inclúe o xogo, un libro de 100 páxinas con ilustracións e 1 DVD con 2 horas de titoriais, guías, estratexias…
Curiosamente esta edición de coleccionista ten un sobrecusto bastante reducido (uns 10 euros) en case toda Europa, pero no caso británico confírmase que terá o mesmo prezo que a edición normal, polo que supomos que estamos ante unha edición bastante limitada da que poderían aproveitarse especialmente os usuarios que reserven este título, e que verían así premiada a súa confianza.

PUBLICIDADE