Blink renova o seu videotimbre
martes, 19 de agosto do 2025
Chega ao mercado o sistema de videotimbre Blink de segunda xeración, a máis recente incorporación á súa gama de produtos, que destaca pola autonomÃa de ata dous anos, a visión de corpo completo e unha configuración sinxela. Ademais, é compatible con Alexa, polo que pode conectarse cos dispositivos Echo para realizar un control en mans libres e recibir alertas en tempo real.
Entre as súas caracterÃsticas salientables está a posibilidade de configuralo en poucos minutos e empregalo durante anos: funciona con tres pilas de litio AA e un módulo de sincronización Blink, o que garante ata dous anos de autonomÃa. O campo de visión mellorado de 150 graos, cunha relación de aspecto 1:1, permite ver dende arriba a abaixo a entrada da vivenda, recibir aos visitantes e comprobar a entrega de paquetes, tanto de dÃa coma de noite, grazas á visión nocturna HD por infravermellos.
Outra novidade é a detección de persoas mediante visión computacional. As notificacións intelixentes permiten que o usuario reciba alertas só cando se identifique a presenza dunha persoa e non doutros elementos como animais ou obxectos (función dispoñible cun plan de subscrición de Blink).
O videotimbre Blink de segunda xeración véndese en cor negra ou branca a un prezo de 64,99 euros. O modelo de primeira xeración do videotimbre está actualmente de oferta a un prezo de 41,99 euros.
VÃdeo no que explican como é a instalación do novo videotimbre Blink
