Blizzard presenta o novo FPS cooperativo Overwatch

venres, 7 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Blizzard, compañía detrás de grandes xogos como World of Warcraft, sorprendeu nas últimas horas anunciando a súa primeira nova franquía en 17 anos, que chegará en forma de xogo de acción en primeira persoa. Overwatch será un FPS por equipos que estreará a súa beta en 2015 (para a que xa é posible inscribirse) e que sitúa a acción nun mundo que tras unha crise global contou cun escuadrón internacional de heroes para devolver a paz e dar pé a unha era de exploración, innovación e descubrimento, pero este equipo, Overwatch, rematou disolvéndose, e agora haberá que encarnar o rol dun heroe para continuar a atender a demanda de heroe do mundo.
No xogo enfrontaranse heroes por equipos por todo o planeta, en misións nas que, por exemplo, haberá que protexer os segredos do misterioso Templo de Anubis ou escoltar un dispositivo de PEM por King’s Row, convertendo o mundo non campo de batalla.
A páxina web oficial do xogo desvela numerosos personaxes que poderemos controlar, destacando a súa diversidade, desempeñando papei de aventureiro, inventor de armas, xefe de seguridade, mercenario, asasino, médico de campo... que contarán con cadansúas habilidades e historia, así como unha aparencia moi característica que é de agardar que en poucos meses gañen un lugar de seu no panteón do mundo dos videoxogos.

Overwatch conta cunha grande variedade de heroes para elixir


Trailer cinemático do xogo de Blizzard


Trailer no que podemos ver o xogo en acción

PUBLICIDADE