Blogger actualiza e galeguiza as súas aplicacións móbiles
venres, 16 de novembro do 2012
- Estamos ante a primeira versión da aplicación de Blogger adaptada ao iPad
Os usuarios que teñen un blog en Blogger e que desexen
publicar en mobilidade poden aproveitar as aplicacións
oficiais para iOS e Android
do servizo de bitácoras de Google, que veñen
de chegar á súa versión 2.0, incorporando numerosas funcións como soporte
de vista panorámica ao escribir unha nova publicación, a posibilidade de
compartir en Google+, permitir ver a data de publicación dunha nova entrada e,
moi especialmente, engadir o soporte de iPad, de xeito que a versión para iOS é
universal, adaptándose tanto para iPhone e iPod Touch como para o tablet da
compañÃa da mazá trabada.
Cómpre destacar que a nova aplicación tamén está localizada a máis de 30
linguas, entre as que non faltan o éuscaro, o catalán e o galego (aÃnda que non
atopamos o xeito de empregar o galego baixo iOS, e en Android só funciona nos
terminais que poidan configurarse en galego).
- En móbiles con Android tamén será doado xestionar os cadernos en liña de Blogger