Bloquean o acceso a 12ft, unha páxina web que saltaba os muros de pagamento
venres, 18 de xullo do 2025
A News/Media Alliance anunciou a retirada do sitio web 12ft.io, coñecido como 12 Foot Ladder, unha plataforma que ofrecÃa tecnoloxÃa para evitar os muros de pagamento de medios dixitais e acceder a contido protexido por dereitos de autor sen aboar ningunha subscrición. Grazas ás xestións da organización, o provedor de hospedaxe bloqueou o acceso ao sitio.
12ft funcionaba baixo o lema de «amósame un muro de 10 pés e amosareite unha escada de 12 pés», ou sexa, que cando se lle remitÃa un enderezo dunha páxina web á que non era posible acceder completamente por estar tras un muro de pagamento, o servizo devolvÃa unha versión completa da páxina web en cuestión. Este servizo nacera en resposta ao feito de que 8 das 10 primeiras ligazóns que achegaba Google nos seus resultados levaban a un muro de pagamento, polo que querÃa recuperar o espÃrito da web aberta, librándoa tamén de moitos dos abusos que realizan os medios de comunicación como capturar enderezos de correo electrónico e integrar publicidade moi intrusiva que estraga completamente a experiencia de uso.
A entidade que representa aos editores salientou que continuará actuando contra outras tecnoloxÃas non autorizadas que permiten saltar os sistemas de pagamento e acceder gratuitamente a información restrinxida. «Esta retirada é unha vitoria para os editores e para todos os que valoran o contido de calidade», declarou Danielle Coffey, presidenta e directora executiva da News/Media Alliance. Segundo explicou, ferramentas como 12ft.io prexudican gravemente a sustentabilidade do xornalismo profesional ao minar as fontes de financiamento baseadas nas subscricións e na publicidade.
«Os editores invisten recursos significativos para crear o mellor contido informativo posible, e é fundamental protexer esa capacidade nun ecosistema de información saudable e sostible», concluÃu Coffey.
Cómpre salientar que a News/Media Alliance non só está a tomar medidas contra mecanismos tan evidentes como 12ft, senón que tamén leva meses presentando denuncias e outras iniciativas contra o roubo de contido que realizan as compañÃas de IA, asà como de sistemas como os de Google que están a aproveitarse dos contidos dos medios de comunicación sen achegarlles tráfico web ao ofrecer aos usuarios a información que buscan se remitilos á fonte da mesma.
