BlueStacks Air permite gozar en Mac de xogos para Android
luns, 5 de maio do 2025
Dende hai moitos anos temos solucións como BlueStacks que facilitan a execución de aplicacións para Android en equipos informáticos, e para facilitar tal experiencia en ordenadores Mac con procesadores Apple Silicon vén de saÃr da súa beta BlueStacks Air, ferramenta que destaca por contar con soporte completo de Vulkan, conseguindo asà un desempeño gráfico que permite que os xogos poidan correr con fluidez.
Deste xeito os usuarios que teñan un Mac cun procesador M1 ou posterior poden gozar de xogos como Genshin Impact, Pokémon TCG Pocket, Asphalt Legends United ou EA Sports FC Mobile Soccer, cun bo rendemento. Outros tÃtulos como Whiteout Suvival, Love and Deepspace, Honkai: Star Rail, Tokyo Ghoul: Break the Chains ou Royal Match están asà ao alcance de usuarios de ordenadores de Apple, gozando de rápidos tempos de carga e gráficos de alta fidelidade.
Para facer máis doado o goce de xogos dende BlueStacks Air, a aplicación achega preconfiguracións para os tÃtulos máis populares, facilitando o seu manexa co trackpad e o teclado, aÃnda que tamén é posible manexalos cun mando ou outros sistemas de control.
Temos asà que, aÃnda que o catálogo de xogos dispoñibles para Mac sexa bastante reducido, agora é posible gozar neses ordenadores de máis de 2 millóns de xogos para Android con certa facilidade.