Bluesky estrea sección de tendencias (en probas)
xoves, 26 de decembro do 2024
Unha das caracterÃsticas máis importantes de X/Twitter é, para moitos, a facilidade que achega para coñecer os temas de actualidade que máis conversa están a provocar, as Tendencias ou Trending Topics, que por fin teñen o seu equivalente en Bluesky a través da sección Trending que hoxe bota a andar en probas en inglés.
Se configuramos Bluesky en inglés, na sección de busca podemos atopar unha escolma de temas sobre os que se está a conversar actualmente, para poder premer sobre os mesmos e asà poder entrar nas conversas ou, simplemente, informarse sobre o que se está a comentar na plataforma.
Dende Bluesky detallan que esta nova sección pode desactivarse (premendo o botón de X para ocultala ou dende a configuración da aplicación), que a funcionalidade aÃnda está nunha primeira versión (polo que irá evolucionando en función da resposta dos usuarios) e salientando que nesta sección respectará as palabras que teñamos silenciadas (evitando asà que vexamos temáticas que non son do noso interese ou que poden molestarnos).
Cómpre salientar que os sistemas automáticos que detectan tendencias son moi susceptibles á manipulación, polo que será preciso agardar para ver se esta funcionalidade de Bluesky chega a resultar efectiva, pois no caso de X/Twitter é evidente que hai varios anos que non é asÃ.