Bluesky permitirá verificar contas de usuario
luns, 21 de abril do 2025
Bluesky leva un tempo procurando facer máis seguro o seu sistema de nomes de usuario, e tras permitir que os particulares e as entidades poidan empregar o seu nome de dominio como nome de usuario (o que xa fan máis de 270 mil contas) queren mellorar a confianza do usuarios incorporando unha medida de seguridade á que xa están afeitos: o selo de verificación.
Deste xeito, os usuarios que luzan unha marca de verificación nun cÃrculo azul no seu nome de usuario corresponderanse con usuario fiables, cando menos no que se refire á súa identidade. Bluesky fará como Twitter ao comezo, engadindo o selo de verificación a contas relevantes, nun proceso que desenvolverán pola súa conta, e que poderá complementarse con outro selo semellante, que indicarÃa que estamos ante un verificador de confianza. Deste xeito, unha entidade que estea recoñecida como verificadora, pode verificar a outras contas. Isto pode resultar de grande utilidade, por exemplo, para medios de comunicación, que poden certificar que os seus traballadores son quen din ser. O mesmo poderÃa aplicarse para organizacións sociais, partidos polÃticos, institucións públicas...
Pero cómpre salientar que os propios usuarios poden configurar dende a aplicación de Bluesky se desexan agochar o seu selo de verificación (o que pode resultar práctico cando queren manter un perfil baixo).
Polo momento Bluesky anima a que os usuarios empreguen os seus nomes de dominio como sistema de autoverificación, e non aceptarán solicitudes de verificación inicialmente. Máis adiante abrirán un procedemento para contas relevantes e para entidades que queiran actuar como verificadoras.