Bluesky supera os 19 millóns de usuarios
luns, 18 de novembro do 2024
A fuxida de usuarios de X/Twitter a Bluesky está a ser máis multitudinaria do que poderÃa pensarse inicialmente, e tras celebrar o pasado venres a chegada aos 15 millóns de usuarios rexistrados, comezan o luns anunciando que xa contan con 19 millóns de usuarios, o que non parece limitarse á simple alta, senón que tamén está a percibirse un incremento de actividade durante toda a fin de semana e a eclosión de aplicacións e servizos que queren aproveitar o bo momento desta plataforma emerxente.
Para facilitar a migración de X a Bluesky xurdiron ferramentas como Sky Follower Bridge, que axuda a localizar os nomes de usuario que seguimos en X en Bluesky, de xeito que asà non hai que comezar de cero na nova plataforma.
Están a xurdir aplicacións cliente de Bluesky como a aÃnda moi verde Beeskie para Windows 11, a aplicación Sky.app para macOS e incluso un servizo web chamado Deck Blue, que vén a ser un clon de TweetDeck aplicado a Bluesky, facilitando vistas da plataforma social en distintas columnas que incluso poden corresponder a varias contas de usuario distintas (aÃnda que conta con funcións limitadas aos mecenas da aplicación). Tamén están a aparecer solucións para publicar en varias plataformas á vez, para programar publicacións e outras funcións propias de plataformas sociais maduras, aÃnda que coa dúbida de como será posible manter o servizo nas condicións actuais, pois economicamente parece inevitable que teñan que cobrar subscricións ou incluÃr publicidade, especialmente se non son propiedade dun xigante da Internet que poida permitirse perder cartos coa plataforma como acontece con Meta e WhatsApp.