Bluevía axudará a levar a fibra óptica ao rural
mércores, 21 de decembro do 2022
Bluevía,
o operador de rede que ofrece servizos maioristas de acceso a fibra até o fogar
(FTTH) e outros servizos de conectividade en España (e participado por Telefónica)
anunciou
o comezo da súa actividade. Esta compañía parte dunha rede con 3,9 millóns
de unidades inmobiliarias adquiridas a Telefónica, e ampliará a súa rede até
chegar aos 5 millóns de unidades inmobiliarias en 2024, levando o acceso de
banda larga ultrarrápida de fibra a áreas que actualmente non dispoñen deste
servizo.
O conselleiro delegado da compañía, Luis Rivera, asegura que Bluevía aspira «a
ampliar o desenvolvemento fóra das grandes cidades» perseguindo «unha rede de
fibra óptica ao alcance de todos; sustentable, con respecto polo medio ambiente,
; e inclusiva para que ninguén quede atrás no mundo dixital».