Bluez 2, uns auriculares Bluetooth que transmiten o son mediante vibración ósea

xoves, 10 de abril do 2014 Marcus Fernández

AfterShokz está a piques de pór á venda o seu novo produto, os auriculares Bluez 2, que preséntanse como os primeiros auriculares Bluetooth estéreo que permiten escoitar música e atender chamadas telefónicas sen illarse do mundo grazas a que achegan o son a través da vibración ósea (o que permite que os sons cheguen ao oído interno sen ter que bloquear o pavillón auditivo).
Estes auriculares non só facilitan unha maior seguridade durante o seu uso pola rúa, senón que incluso permiten que persoas con certos problemas auditivos poidan escoitar o son transmitido mediante as ondas sonoras que viaxan directamente á cóclea (sen pasar polos tímpanos). Outra das vantaxes desta tecnoloxía é que reduce considerablemente a distancia á que unha terceira persoa pode percibir os que estamos escoitando cos nosos auriculares.
En vista de que este produto pode resultar cómodo durante a práctica deportiva, deseñouse con resistencia ao suor e incluso á chuvia, e a súa batería achégalle unha autonomía de ata 6 horas. Os auriculares están equipados cun botón multi-función que permite controlar a música e as chamadas sen ter que botar man ao dispositivo móbil do que chega o son. De cara ao seu uso como mans libres, conta do dobre micrófono para permitir unhas comunicacións nítidas incluso en contornos ruidosos. O seu prezo de venda será de 99,95 dólares.

Os auriculares AfterShokz Bluez 2 venderanse en breve por 99,95 dólares

PUBLICIDADE