Blusens acada o Premio á Excelencia Publicitaria nos MUSA 2010

luns, 29 de novembro do 2010 Raquel Noya

A obra gráfica La orgía de los sentidos, desenvolvida pola axencia galega de comunicación BAP&Conde para publicitar á nosa multinacional de electrónica de consumo máis internacional, Blusens, vén de recibir o Premio á Excelencia Publicitaria nos Premios Publicidad en el Museo (MUSA 2010) da man da IAA (Internactional Advertising Association).
Con este premio, que a IAA concede en España dende hai 6 anos, a axencia galega pasar a formar parte do arquivo da Biblioteca e Centro de Documentación do Museo Nacional de Arte Reina Sofía, obtendo o merecido recoñecemento do valor artístico da peza.
“A entrega á creatividade e as boas ideas foron claves”, segundo informan dende a axencia, “para que as firmas galegas desenvolveran unha peza que nace co obxectivo de emocionar no frío contexto da tecnoloxía”.
O resultado, agora recoñecido como “excelencia artística e publicitaria é –segundo engaden- unha maxistral expresión gráfica do que aportan os sentidos á experiencia audiovisual”.
O xurado que conceu este recoñecemento ao traballo ben feito estaba composto por profesionais da publicidade e por importantes personalidades do mundo das artes, a universidade e diversos organismos públicos.

PUBLICIDADE