Blusens convértese en distribuidor oficial de Xiaomi para España
venres, 29 de xaneiro do 2016
Unha
das novas que máis interese espertou entre os nosos lectores nos últimos meses
foi a chegada co Xiaomi Mi4 á tenda en liña Opirata.com, co reclamo de que o
smartphone non só tiña garantÃa
española, senón que o servizo técnico tamén o tiña en Galicia, e finalmente
a compañÃa que facilitou esta importante vantaxe o anuncia publicamente,
confirmando a compostelá Blusens que é distribuidor oficial en España de
Xiaomi, e para celebralo oferta na súa tenda en
liña o mencionado Xiaomi Mi4 a só 229 euros até o 12 de febreiro.
O Xiaomi Mi4 é un smartphone con pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 801, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, cámaras
Sony de 13 e 8 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, baterÃa de 3.080 mAh, 8,9
milÃmetros de grosor e 149 gramos de peso, que no seu momento foi o móbil
insignia de Xiaomi, aÃnda que cómpre salientar que estamos ante a versión que
carece de conectividade 4G.
- O Xiaomi Mi4, con seu acabado Premium e grande potencia, é un smartphones cunha boa relación calidade-prezo que agora conta co soporte dunha empresa galega