Blusens estrea o seu propio ultraportátil de baixo custo
mércores, 3 de decembro do 2008
A ninguén se lle escapa
que os ultraportátiles de baixo custo son os produtos de moda para este Nadal,
pero nos sorprende ver que a galega Blusens tamén entra neste competitivo
mercado co seu equipo Blusens Free PC 10”, que pese a que coincide en
prestacións como moitos outros ultraportátiles, non se trata dun clon do MSI
Wind, senón que é un equipo coas súas propias peculiaridades.
O Blusens
Free PC funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de
RAM, disco duro de 120 Gb, pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024
x 600 píxeles, Wi-Fi, Bluetooth, Ethernet, 3 portos USB, lector de tarxetas de
memoria, webcam, unhas medidas de 26 x 20 x 3,5 centímetros, un peso de 1,3
quilos e unha batería de catro celas cunha capacidade de 4.000 mAh (da que non
se detalla a autonomía, pero podería estar preto das 4 horas se a comparamos a equipos
semellantes).
Este ultraportátil é compatible con Windows XP, Vista e Linux, e véndese
por 399 euros en cor branca e azul.
Blusens tamén conta no seu catálogo cun Free
PC con pantalla de 7 polgadas, procesador AMD e só 128 Mb de RAM,
que entendemos que quedaría descontinuado coa chegada do seu irmán maior.