Blusens inclúe a película Las Aventuras de Tadeo Jones nun dos seus tablets

venres, 14 de decembro do 2012 Marcus Fernández

De cara ao Nadal Blusens tivo o acerto de chegar a un acordo con Mediaset España para lanzar unha edición especial do seu tablet con pantalla de 9 polgadas Blusens Touch 90 incluíndo a película Las Aventuras de Tadeo Jones por un prezo bastante atractivo: 129 euros. Aparte da película de acción e humor mencionada, o tablet de Blusens tamén inclúe outros contidos exclusivos como o videoclip Te voy a esperar de Juan Magán feat. Belinda, as curtametraxes La Mano de Nefertiti, Tadeo Jones e Tadeo Jones y el sótano maldito (premios Goya á mellor curta de animación en 2006 e 2008) e salvapantallas personalizados de Tadeo Jones. Está á venda nas tendas en liña de Blusens e de Mediaset con gastos de envío de balde ata o 5 de xaneiro de 2013.
O Blusens Touch 90 ten unha pantalla de 9 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, Android 4.04 con soporte de Flash Player 11 e acceso a Google Play, webcam de 0,3 Mpíxeles, batería de 5.600 mAh, microUSB 2.0 (inclúe adaptador para conectarlle memorias USB), lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb, un grosor de 1,2 centímetros e un peso de 520 gramos. Inclúe un recomendador de aplicacións exclusivo, unha ferramenta para compartir arquivos entre dispositivos SMART e 25 Gb de almacenamento en liña de balde en Doctape.

O tablet funciona con Android 4.0.4 e permite acceder ao grande catálogo de aplicacións en Google Play

PUBLICIDADE