Blusens presenta un reprodutor portátil con podómetro
mércores, 12 de setembro do 2012
O fabricante de electrónica de consumo con sede en
Compostela, Blusens, incorpora ao seu catálogo un dos reprodutores MP4 máis
lixeiros do mercado, que entre as súas prestacións conta coa posibilidade de
funcionar como podómetro, funcionalidade que se activa cando o dispositivo se
coloca no antebrazo cun brazalete inclúido. O Blusens
SPRINT é o primeiro produto da compañÃa que busca potenciar a práctica do
deporte e o seu nome está dedicado a Maverick Viñales, integrante do equipo de
motociclismo Blusens Avintia.
O Blusens SPRINT chegará en vermello e prateado, leva a sinatura de Maverick na
súa parte traseira, reproduce son en varios formatos (MP3, WMA, FLAC e APE),
sintoniza radio FM e pode gravar tanto voz como radio. A súa pantalla táctil de
1,5 polgadas tamén permite a reprodución de vÃdeos en formato AMV, imaxes
(JPEG, GIF e BMP) e mesmo ler documentos de texto. Ten un almacenamento interno
de 4 Gb, mide 47 x 45 x 15 milÃmetros, pesa 23 gramos e a súa baterÃa permite
reproducir música de xeito continuo durante ata 8 horas.
- O Blusens SPRINT inclúe un brazalete para facilitar o seu uso como podómetro durante a práctica deportiva
- O novo reprodutor musical de Blusens está dedicado ao motociclista Maverick Viñales
- Co podómetro o Blusens SPRINT pretende instar á práctica deportiva