Boiro comeza o ano con novos cursos de formación en novas tecnoloxÃas
xoves, 2 de xaneiro do 2025
A Aula CeMIT do Concello de Boiro vai comezar 2025 con máis formación tecnolóxica para a capacitación dixital da cidadanÃa de todas idades. Farao ofrecendo novos cursos de formación en novas ferramentas para este mes de xaneiro que vén de comezar. As inscricións están abertas e poden facerse no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
A primeira das formacións que se leve a cabo durante este mes será a de Inicio á informática, que se vai desenvolver entre o 8 e o 16 de xaneiro; tamén se vai levar a cabo unha formación de Inicio á rede Internet, que será entre o 20 e o 23 de xaneiro; e Inicio ao correo electrónico, do 27 ao 30 de xaneiro. Todas as formacións serán de 10.00 a 12.00 horas.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo aula de referencia dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxÃas durante todos os meses do ano.