Borderlands 2 estreará precuela no outono

mércores, 9 de abril do 2014 Marcus Fernández

A saga de xogos de acción en primeira persoal de Gearbox, Borderlands, conseguiu un grande éxito nas súas dúas entregas principais, e para continuar enriquecendo a franquía 2K anuncia un novo título situado entre ambos xogos, Borderlands: The Pre-Sequel, que explorará o ascenso do malvado Jack el Guapo, ambientando a acción en Elpis (a lúa de Pandora), abrindo oportunidades ofensivas, estreando armas láser e cryo que reforzarán o xa amplo armamento existente en Pandora, e permitirá tamén encarnar a 4 novos personaxes (a gladiadora Athena, o sicario Wilhalm, a defensora da lei Nisha e Claptrap).
Borderlands: The Pre-Sequel contará cun novo sistema de osíxeno (que non só permitirá respirar en escenarios sen atmosfera, senón que tamén ofrecerá un jetpack propulsado por osíxeno para realizar enormes saltos que, de combinarse co botón de agacharse poderá orixinar un golpe no chan que deixará unha grande área de dano).
O xogo empregará o mesmo motor gráfico que Borderlands 2 e chegará no outono para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, quedando fóra as consolas de nova xeración, polo que é unha boa oportunidade para seguir tirando proveito das vellas consolas, que aínda poden achegar moita diversión nos vindeiros meses. De feito, dende Gearbox destacan que o parque actual de 150-170 millóns de consolas Xbox 360 e PS3 é demasiado grande como para ignoralo, mentres que as Xbox One e PlayStation 4 son aínda plataformas moi pouco implantadas como para que compensen o investimento de xogos para as mesmas a día de hoxe.


Primeiro achegamento en vídeo ao xogo Borderlands: The Pre-Sequel

PUBLICIDADE