Borgwarner construirá en Nigrán un centro de investigación avanzada
venres, 11 de outubro do 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, visitou hoxe en Nigrán as obras de construción do futuro Centro de Investigación Avanzada eMobility de BorgWarner, apoiado economicamente pola Xunta de Galicia. O centro, que estará rematado a finais de 2025, prevé un investimento inicial de 12 millóns de euros, destinados á adquisición dos terreos e a construción, dos que a Xunta de Galicia achega 5 millóns, aos que se suma un investimento adicional de ao redor de 7,2 millóns de euros para dotación de equipamento.
Este centro está enfocado á investigación de tecnoloxÃas avanzadas para a mobilidade do futuro e representa unha infraestrutura clave para o grupo. Contará con 4.000 m² de oficinas, laboratorios e outras instalacións cientÃficas e suporá a contratación de 30 profesionais altamente cualificados. Ademais, prevese como un centro aberto á colaboración con entidades como centros tecnolóxicos, universidades e empresas.
O titular de Ciencia destacou a relevancia desta infraestrutura para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras en electrónica e xestión térmica adaptadas á mobilidade eléctrica, que permitirán á compañÃa incrementar o seu coñecemento en novas áreas tecnolóxicas e o seu persoal investigador, que tamén poderÃan ser extensibles a outros sectores.
Román RodrÃguez visitou tamén unha das sedes do Centro Técnico de España de BorgWarner, onde a compañÃa está a executar outros proxectos de I+D+i apoiados tamén pola Xunta de Galicia, como o proxecto eFabis orientado a desenvolver novos procesos produtivos e as súas tecnoloxÃas clave da Industria 4.0, para a xeración dun novo modelo estratéxico empresarial, baseado na sustentabilidade e na dixitalización, capaz de dar resposta aos retos de mobilidade eléctrica e conectada.