Bose presenta o seus novos auriculares con cancelación de ruído
mércores, 18 de setembro do 2024
Para os usuarios esixentes coa calidade de son e que precisan dunha boa cancelación de ruído Bose presenta os novos QuietComfort Earbuds, uns auriculares orientados ao uso diario, con controis táctiles e cunha autonomía de até 8,5 horas que co estoxo de carga sen fíos podería ampliarse até 31,5 horas.
Estes novos auriculares Bluetooth 5.3 prometen audio de alta fidelidade, cancelación de ruído extraordinaria, un bo axuste en todo momento, facilidades de control, resistencia á auga (IPX4), soporte para ordes de voz, conectividade multipunto e personalización a través da súa aplicación móbil, suma de prestacións que, xunto ao prestixio da marca, sitúa o seu prezo de venda nos 199,95 euros.
Bose tamén ten un modelo Ultra deste tipo de auriculares, cun prezo máis elevado, polo que parece estar a replicar o esquema comercial de Apple, dándonos a entender que estes novos auriculares buscarían competir directamente cos novos AirPods 4 con cancelación de ruído, que saen á venda este mesmo venres a un prezo de 199 euros.
- Os novos auriculares de Bose prometen boa calidade sonora, magnífica cancelación de ruído e comodidade durante o seu uso no día a día
- Co estoxo de carga a súa autonomía pode ampliarse até as 31,5 horas