Bota a andar a plaforma de distribución dixital Kiosko y Más

xoves, 14 de xullo do 2011 Marcus Fernández

O iPad é o dispositivo que está a impulsar en maior medida a distribución dixital da prensa

Hoxe lanzouse oficialmente Kiosko y Más, unha nova plataforma de distribución dixital dispoñible para múltiples plataformas (smartphone, ordenador e iPad) que agrupa publicación de grupos como PRISA, Vocento, Intereconomía, Zeta, RBA… de xeito que facilita o acceso ás edición impresas dixitalizadas de 30 diarios como El País, ABC, As, Cinco Días, La Voz de Galicia e La Gaceta e de 60 revistas como Lecturas, Muy Interesante, El Jueves, Interviú, PC Actual, Cinemanía y Hobby Consolas, no que sería a catálogo máis atractivo do mercado, e cun prezo bastante agresivo, xa que a meirande parte dos xornais permite a compra de exemplares soltos por 0,79 euros e subscricións mensuais a 9,99 euros.
Esta plataforma disporá das publicacións un par de horas despois do seu peche editorial e a través da súa aplicación para iPad é posible almacenar as publicacións adquiridas e incluso realizar as compras directamente.
Kiosko y Más chega así como un grande competidor de Orbyt, a plataforma de distribución dixital de Unidad Editorial, tendo ambos servizos moitos elementos en común, como procurar conservar o formato impreso das publicacións, trasladándoo ao dixital con pequenas melloras.
É agora a quenda do público para decidir se acceder a estas publicacións de pagamento cando é posible consultar boa parte dos seus contidos de balde a través da web.

Kiosko y Más facilita non só acceder aos xornais, senón tamén aos seus suplementos

PUBLICIDADE