Bota a andar a segunda canle da TVG a través da TDT

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Cumprindo co anunciado, e sen meter moito ruído, este luns a Televisión de Galicia renovou a programación da súa segunda canle na TDT, o que se podía percibir inicialmente pola aparición dun logo no que se representa o nome da nova canle (G2) así como na presentación de elementos de continuidade facendo referencia á «Cine e series. Infantil e xuvenil. Documentais. Deportes. Unha nova canle con calidade dixital en galego na TDT» que se lanzaba hoxe simbolicamente, entendendo que por ser o día 2 do 2º mes do ano.
Xabarín News foi unha das seccións máis destacables do momento de máximo éxito do Xabarín ClubO cambio máis destacable de G2 é que de 14:00 a 15:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas a programación infantil domina a grella da nova canle con distintas series de animación emitidas con anterioridade pola TVG, así como o interesante programa Arquivo Xaba, no que se poden lembrar grandes momentos do Xabarín Club, como as entrevistas do Inspector Tomé ou a sección do Dr. TNT no Xabarín News. Tampouco faltan as cancións de A Cantar con Xabarín, polo que estes espazos serían tan aptos para os cativos de hoxe como para os de onte (aproveitando o pulo nostálxico que poden ter estes contidos).
G2 busca ir preparando o terreo de cara ao apagamento analóxico, que chegará en 2010 e mesmo se adiantará a algunhas rexións galegas nos vindeiros meses, polo que cómpre traballar no desenvolvemento da televisión do futuro.
O Inspector Tomé entrevistando a Jorge Coira para Xabarín News


Cortiniñas e promos da nova canle autonómica

PUBLICIDADE