Bota a andar o 9º congreso A prevención e seguridade Industrial 4.0
xoves, 20 de novembro do 2025
Hoxe, 20 de novembro, tiña lugar en Vigo a inauguración do 9º congreso A prevención e seguridade Industrial 4.0, organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI), a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) e apoiado pola Xunta a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). Nesta estrea estivo presente o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado da directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao.
Neste encontro falouse de achegar ás empresas as posibilidades das novas tecnoloxÃas no eido da prevención e seguridade laboral aportando unha maior automatización, conectividade e globalización.
Seguindo esta liña, o secretario xeral salientou que o programa do congreso inclúe relatorios e actividades centradas nas novas obrigas empresariais en prevención de riscos laborais e na influencia das tecnoloxÃas 4.0, incluÃdo un xuÃzo simulado. Subliñouse a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, na cal se fixa como obxectivo axeitar a prevención de riscos laborais ás novas maneiras de traballo incidindo na redución da sinistralidade nos sectores máis afectados, tendo en conta a Intelixencia Artificial, o Big Data, os robots colaborativos, a Internet das Cousas, os algoritmos ou as plataformas dixitais de traballo.
