Botan atrás os cambios nas licenzas do Unity Engine
luns, 18 de setembro do 2023
Nos últimos dÃas
Unity Technologies viviu a crise de reputación máis grande da industria dos
videoxogos dende o desastroso lanzamento de Cyberpunk 2077, aÃnda que desta
volta o impacto pode ser moito máis profundo, xa que traducirÃase na perda de
confianza na compañÃa detrás dun dos motores gráficos máis empregados a nivel
mundial.
Inicialmente Unity anunciou que mudaba as condicións da licencia de Unity
Engine, solución que na práctica está composta por dous elementos (Unity Editor
e Unity Runtime) e decidiron engadir unha cota para o Unity Runtime (a parte
que figura nos executables, ou sexa, nos xogos e aplicacións desenvolvidos co
motor), de xeito que cobrarÃan por instalación e non unicamente unha comisión
dos ingresos como viñan a facer até agora.
Tras este importante cambio nas condicións do Unity Engine desatouse un tsunami
de reaccións en contra, o que levou a que a compañÃa publicase un comunicado
matizando as condicións do cambio, como que a nova taxa só se aplicarÃa
unha vez superado un nivel de ingresos, e tamén un número mÃnimo de
instalacións (no caso dos plans máis reducidos o lÃmite estará en 200.000
dólares de ingreso nos últimos 12 meses e 200.000 instalacións do xogo).
Tamén tiveron que matizar o que consideraban unha instalación, xa que os
desenvolvedores estaban preocupados por ter que pagar por reinstalacións por
parte dun mesmo usuario e por instalacións fraudulentas, asà como o que
acontecerÃa cos xogos en streaming ou incluÃdos dentro de servizos de
subscrición, e a
resposta de Unity non tranquilizou (xa que dificilmente é posible xestionar
o que acontece coas copias piratas).
Ante esta situación, varios estudios saÃron á palestra para anunciar que deixaban
de traballar co Unity Engine (adiantando que borrarÃan das tendas dixitais os
seus xogos antes que ter que pagar por cada instalación), e incluso
desculpábanse por ter que adiar algúns dos seus lanzamentos por mor de ter que
mudar de motor, xa que consideraban totalmente inaceptable o cambio das
condicións de licenza do Unity Engine. E por se todo isto non era debidamente
grave, Unity tivo que desaloxar as súas oficinas en San Francisco e Austin tras
recibir ameazas de morte cribles.
Era innegable que non habÃa un xeito aceptable de corrixir a situación que non
fose botarse atrás, e finalmente Unity Technologies
publicou que atende ás demandas dos usuarios, pide perdón pola confusión e
a anguria creada, e anuncia que nun par de dÃas publicarán unha actualización
nun par de dÃas mudando de novo as condicións de licenza de Unity Engine.
Pero como é posible que Unity fixese unha xogada tan mesquiña que non só
poderÃa facerlle perder a unha chea de desenvolvedores, senón que tamén poderÃa
desencadear demandas colectivas por impor unhas condicións abusivas (lembremos
que un xogo tarda anos en desenvolverse, polo que mudar as condicións a medio
camiño)? Pois todo apunta a que estamos ante unhas medidas desesperadas por parte dunha empresa cuns ingresos moi sólidos,
pero que non está debidamente administrada, xa que, polo que podemos ver no seu
último
balance semestral, na primeira metade de 2023 ingresou 533 millóns de
dólares (un 80% máis que no mesmo perÃodo do ano pasado) e unhas perdas netas
de 193 millóns de dólares (unha redución moi cativa fronte aos 204 millóns de
perda do mesmo perÃodo do ano pasado). Querer solucionar a situación
desangrando aos usuarios do motor parece a solución máis doada, cando está
claro que a compañÃa está a ter uns gastos desmedidos (co incremento de
ingresos deberÃa ter deixado atrás as perdas netas); aÃnda que pouco pode
sorprender tal desleixo se lembramos que o director xeral da compañÃa chegou
a insultar publicamente aos desenvolvedores de xogos.