Brión convoca un feixe cursos de competencias dixitais e emprego para mulleres
mércores, 11 de maio do 2022
O
Concello de Brión, en colaboración coa Fundación Mulleres, convoca
nove cursos formativos gratuítos dirixidos á mulleres de 18 a 65
anos: nove actividades formativas que collerán corpo definitivo unha
vez que haxa oito mulleres inscritas a
través da web municipal, tendo preferencia as mulleres
empadroadas en Brión.
Así,
o Concello de Brión oferta seis cursos presenciais, de 6 horas cada
un, sobre cuestións relacionadas coa busca activa de emprego:
competencias dixitais, como preparar unha entrevista de traballo,
como elaborar un currículo vitae e unha carta de presentación,
manexo da rede social Linkedin, motivación ao emprendemento e
educación financeira.
Os
outros tres cursos son de maior duración e terán lugar en liña:
técnicas de busca de emprego (20 horas), procesos de selección (10
horas) e competencias persoais, que se desenvolverán ao longo de
varias xornadas formativas.
Máis
información e inscricións na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 (ext
32), empregobrion@gmail.com ou a
web municipal novamente (sección actividades-formación).