Brión empregará códigos QR na súas comunicacións informativas
xoves, 10 de novembro do 2011
O Concello de Brión, pioneiro como é no uso das novas tecnoloxÃas e Internet para a súa comunicación cos veciños e veciñas da comarca, vén de adiantarse de novo a tódolos concellos do paÃs na modernización dos seus sistemas (mesmo aos máis solventes economicamente), implantando o uso de Códigos QR en distintos soportes informativos.
Estes códigos bidi, grandes descoñecidos aÃnda para unha gran parte da poboación, non son máis que uns sistemas de almacenamento de información en forma de códigos de barras bidimensionais, que permiten acceder dende a cámara do móbil a todo tipo de datos aloxados en Internet.
Deste xeito, os veciños e veciñas do concello que teñan móbiles de última xeración con lectores de códigos bidimensionais instalados, poderán consultar os horarios do Transporte Metropolitano, ver a programación cultural do dÃa ou mesmo ollar as distintas web municipais que hai na Rede, comodamente dende o teléfono.
A intención do Concello de Brión é utilizar os Códigos QR en distintos soportes (web, bandos, postes informativos, paradas do autobús, etc) para poder poñer información actualizada que calquera veciño ou veciña, a través do seu dispositivo móbil, poderá consultar in-situ e en tempo real.