Brión levará a alfabetización dixital á veciñanza durante todo o ano

xoves, 16 de xaneiro do 2020 Fernando Sarasketa

O Concello de Brión vén de anunciar que vai desenvolver, durante todo o ano, cursos de informática básica para contribuír á alfabetización dixital da veciñanza e tirar abaixo fendas tecnolóxicas formativas. Segundo indicou o Goberno local, estes obradoiros levaranse a cabo en canto haxa un mínimo de 8 persoas inscritas e na data que concreten os propios participantes.
A inscrición, polo tanto, estará aberta durante todo o ano na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com. O prezo será de 30 euros, cun 50% de desconto para persoas en situación de desemprego.
O obxectivo destes cursos é “que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade”. Así, as persoas que participen aprenderán nocións básicas do manexo dun ordenador e do sistema operativo Windows, dende manexar un procesador de textos ata crear e manexar contas de correo electrónico e navegar por Internet. As clases terán lugar na aula CeMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Brión.

PUBLICIDADE