Bruxelas investiga a Google polo posible uso anticompetitivo de contido en liña para a IA
martes, 9 de decembro do 2025

- Sobre a presente investigacÃon Teresa Ribera declarou que «a IA está a impulsar unha innovación extraordinaria e numerosos beneficios para as persoas e as empresas de toda Europa, mais ese progreso non pode producirse a custa dos principios que sustentan as nosas sociedades».
A Comisión Europea abriu unha investigación formal para determinar se Google vulnerou as normas de competencia da UE ao empregar contido de editores web e de creadores de YouTube no adestramento e funcionamento dos seus servizos de intelixencia artificial sen unha compensación axeitada nin opcións reais de exclusión. O executivo comunitario quere aclarar se a compañÃa impuxo condicións inxustas que lle conceden unha vantaxe fronte a outros desenvolvedores de modelos de IA.
Bruxelas centrará o exame en dúas frontes principais. Por unha banda, analizará se Google empregou contido de editores web para xerar resumos e respostas en servizos como a Vista xerada por IA e o Modo IA nas súas páxinas de resultados sen ofrecer contraprestación económica nin permitir que os editores poidan negarse libremente a ese uso. Estes sistemas de resposta automatizada sitúanse por riba dos resultados orgánicos e, segundo a Comisión, poderÃan estar baseados en información publicada polos medios sen autorización efectiva e aproveitando a dependencia dos editores do tráfico procedente do buscador de Google.
Por outra banda, a investigación avaliará se a compañÃa utilizou vÃdeos e outros materiais cargados en YouTube para adestrar modelos de IA xerativa sen remuneración nin opción clara para que os creadores poidan impedir ese uso, ao tempo que as polÃticas da plataforma impiden que empresas rivais empreguen contidos de YouTube para adestrar os seus propios modelos. Os creadores deben conceder permisos amplos a Google ao subir contido, mais non reciben compensación correspondente nin poden publicar en YouTube evitando que a empresa utilice os seus datos.
Se estas prácticas se confirman, poderÃan supoñer unha infracción do artigo 102 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e do artigo 54 do Acordo do Espazo Económico Europeo, que prohiben o abuso de posición dominante.
O executivo comunitario xa informou a Google e ás autoridades nacionais de competencia da posta en marcha do procedemento.
