Bueu acollerá tres obradoiros de capacitación tecnolóxica no marco do programa +Reto Dixital

martes, 14 de outubro do 2025 S. P.

Formar a persoas maiores de 50 anos da provincia de Pontevedra para facilitarlles o seu acceso aos servizos da Administración pública, dotalas de maior autonomía para xestionar os seus trámites cotiáns, e mellorar a súa calidade de vida grazas á adquisición de competencias dixitais é a finalidade dos case 70 obradoiros de capacitación tecnolóxica do programa +Reto Dixital con tres novos obradoiros nos que participarán un total de 34 veciños e veciñas da localidade de Bueu.
Deste xeito a Deputación de Pontevedra continúa a partir deste xoves 16 de outubro en Bueu a programación destes preto obradoiros.
Engadir que todos os cursos terán lugar no edificio municipal de Benestar Social, en horario de 10 a 12:30 horas e coa participación dunha ducia de alumnos e alumnas en cada actividade. A primeira en ter lugar será o curso: SERGAS, a súa aplicación electrónica e TELEA, con dúas sesións este xoves e venres, 16 e 17 de outubro. A vindeira semana, os días 23 e 24 de outubro, celebrarase o curso: Uso da banca móbil e as compras electrónicas, e por último o 30 e 31 de outubro desenvolveranse as dúas sesións das que constará o curso: As Redes Sociais.
Subliñar que están a participar en +Reto Dixital, dotado cun orzamento de 30.000 euros, un total de 23 concellos da provincia de reto demográfico. Os obradoiros xa comezaron no concello de: Mondariz, A Lama, Meis, Vilanova de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Portas, Rodeiro, Meaño, Sanxenxo e agora Bueu, e seguiranlle Pontecesures, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Caldas de Reis, Silleda, Fornelos de Montes, Vila de Cruces, Arbo, Barro, O Rosal, Dozón, Catoira e Ribadumia.
Para rematar, sinalar que a Deputación ofertou cinco cursos: A Administración electrónica, A Sede electrónica da Deputación e do meu Concello, SERGAS, a súa aplicación electrónica e TELEA, Uso da banca móbil e as compras electrónicas e As Redes Sociais) e cada un incluirá un módulo inicial sobre seguridade no uso de medios electrónicos e da Internet.