Buffalo xa comercializa discos duros externos USB 3.0

martes, 24 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Pese a que o estándar de comunicacións de dispositivos USB 3.0 estea lonxe de normalizarse, Buffalo Technology xa adapta o seu disco duro externo DriveStation HD-HXU3 para soportar esta tecnoloxía, de xeito que permite transferencias de ata 5 Gbps (625 Mbytes/seg), axilizando a copia de ficheiros de grande tamaño (coma vídeos de alta definición).
Estes novos discos duros están xa dispoñibles nos EE.UU. en capacidade de 1, 1,5 e 2 Tbytes por 199,99, 249,99 e 399,9 dólares respectivamente, e poderá tirarse proveito dos mesmos a pleno rendemento grazas á tarxeta PCI Express IFC-PCIE2U3, que engade ao ordenador 2 portos USB 3.0, adiantándose á súa integración nas placas base dos nosos equipos informáticos.

PUBLICIDADE