Buscan ao campión de España de Super Street Fighter IV 3D Edition

martes, 30 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A cadea de tendas GAME, co patrocinio de Nintendo, pon en marcha o Primeiro Campionato Nacional de Super Street Fighter IV 3D Edition en 56 cidades españolas nas que se desenvolverá unha fase local entre os días 6 e 8 de setembro, recibindo os participantes unha camiseta exclusiva, dos que 64 gañadores conseguirán un vale de 50 euros para mercar en GAME e un pase á segunda quenda, que celebrarase a través da Internet a partir do 14 de setembro en formato de eliminatorias ao mellor de 3 asaltos ata completar un cadros cos mellores 8 xogadores que poderán participar na quenda final que terá lugar en Madrid entre os días 30 de setembro e 1 de outubro (a viaxe e o hotel correrán a cargo da organización) dentro da feira de videoxogos GAMEFEST, podendo optar a premios de 2.000, 1.000, 500, 300 euros para os 4 primeiros clasificados e 200 euros para o resto de finalistas.
Actualmente xa hai máis de 300 persoas inscritas no campionato, e os interesados en saber máis da competición poden informarse na páxina web de GAME, onde figuran as bases do campionato, o seu calendario e o seu formulario de inscrición.

PUBLICIDADE